Actualidade

Congreso do Sur Europeo

SEGUIMOS AVANZANDO
Esta semana estivemos en Barcelona, no Congreso Veterinario, unhas xornadas cheas de intercambio, aprendizaxe, formación
Desde Clínica Veterinaria Caldas facemos os maiores esforzos para que todo o noso equipo profesional esté á última, actualizado e pensando sempre no mellor servizo
www.caldasveterinaria.com

MEDICINA FELINA

Clínica Veterinaria Caldas no XII Congreso de Medicina Felina, levado a cabo en Coruña.
Susana acudíu para nutrirse de contido, contar coas últimas novidades, actualizacións e avances en medicina felina.
www.caldasveterinaria.com

EN FORMACIÓN PERMANENTE

Confiamos na formación e actualización permanente para dar o mellor servizo
Adriana estivo na Facultade de Veterinaria de Lugo ampliando formación en 'obtención, procesamento e remisión de mostras' e tamén na 'interpretación de citoloxías'
Para nós un verdadeiro pracer contar no noso equipo con profesionais comprometidas con avanzar cada día
www.caldasveterinaria.com

Melloramos e actualizamos

Melloramos o noso sistema de cita previa, máis directo, máis rápido e con máis opcións.

Tamén podes empregar a cita tradicional

Actualizamos e melloramos a nosa hospitalización de felinos así como a zona de consulta

Tamén, atendendo ás demandas dos nosos clientes e ás necesidades das mascotas ampliamos os horarios e citas de cirurxía para a mellor atención posible.

Lembra, sempre mellor con cita previa

Novos episodios nas nosas Redes Sociais

Descubre de unha forma rápida cómo viaxar coa túa mascota, os básicos de documentación, hábitos, recomendacións, obrigas e moitas cousas máis.

¡SÓ DISPOÑIBLES EN REDES! Tanto Instagram como Facebook

¡DESCÚBREOS!

Consellos de verán

Para un verán responsable, para a túa mascota e para ti

Cirurxías sen sangrado

Enara Fernández estivo esta fin de semana en Santiago de Compostela con motivo do taller de Cirurxías sen Sangrado.

O compromiso de Clínica Veterinaria Caldas coa actualización formativa e a mellora das capacidades profesionais de toda a nosa plantilla forma parte da profesionalidade así como das garantías técnicas e procidementais do noso centro veterinario.

CVC, preto da túa mascota, preto de ti.

Presentámosvos a 'Wolf'

🥰 Presentámosvos a 'Wolf'👉 Chéganos con un tumor na súa pata esquerda, que tras exploración vemos que se atopa extendido por riba do seu cóbado.🙏 Realizamos unha intervención na extremidade, con moito coidado eliminamos todo o tecido invadido e garantizamos unha zona de sutura óptima.🤩 Wolf realiza unha recuperación e readaptación ilusionantes, gozando ademáis duns coidados na casa de toda a súa 'familia de dúas patas'☺️
¡Grazas por ensinarnos tanta ledicia diaria Wolf!

¡GAÑADORAS!

🥳 GAÑADORAS I CONCURSO DE ENTROIDO 🥳

Este domingo ás 23:59⏱ finalizou o prazo de cómputo de votos quedando así:

🏆 María López con 154 votos

🥈 Mónica Duarte con 118 votos

🥉 Luz Mª Buján con 108 votos

¡¡Noraboa ás gañadoras!!🤩 Nos vindeiros días o noso equipo contactará con vós para acordar os días de entrega de premios... ¡ou premiazos! 😁

🥰Pero a cousa non remata aquí posto que tódolas persoas participantes, 😁máis ben as súas mascotas, terán tamén un detalle da Clínica Veterinaria Caldas 🐱🐶

I CONCURSO DE ENTROIDO

🎭 I CONCURSO DE ENTROIDO 🎭

Bases de participación.👉
- Do 15 ó 25 de febreiro podes participar, só 1 participación por persoa.
- Envíanos a túa foto de entroido orixinal, donde participe tamén, ou en exclusiva, a túa mascota. Deixa voar a imaxinación.
-📸 Enviar a administracion@caldasveterinaria.es a foto de participación, nome e apelidos para identificarte. Con este feito aceptas as bases do concurso.
🤩 Fase de concurso e votacións:
Do 19 ó 26 no noso facebook (dende instagram teredes creado acceso directo)
No album do concurso sairán premiadas as 3 fotos con máis "Gústame" 👍
¡Así de sinxelo!
🧐 ¡RECORDA! O prazo para enviarnos fotos comeza o 15 de febreiro e remata o día 25. Canto antes a envíes máis posibilidades terás.
🥳 ¡PREMIOS!
As 3 fotos con máis votos serán as gañadoras ó remate do día 26.
🐶🐱 Pienso específico para a vosa mascota, dentro da nosa gama de nutrición de calidade 🤩 Porque o merecen!!
¡¡PARTICIPA, DESFRUTA E GAÑA!!

A recuperación de 'Simba'

En Clínica Veterinaria Caldas coidamos con mimo dos nosos pacientes, pero tamén nos gusta valorar a confianza depositada en nós así como toda a atención e seguimento das pautas recomendadas que se realizan no domicilio

Esterilización

Ata o 20 de outubro o noso equipo concienciou sobre a importancia da esterilización centrándonos no "Como", "Cando" e "Por que".

Grazas a tod@s pola acollida, pola atención e polo voso amor e coidado das mascotas

Hixiene e prevención

Durante o mes de Setembro de 2022 destacamos esta campaña, donde non só traballamos en clínica senón que o noso equipo asesorou ós propietarios/titores sobre as pautas e coidados diarios que precisan as nosas mascotas.